Recordo cando era pequena , bueno e tamen non tan pequena a ilusión que tiñamos a pandilla do meu barrio,non comprabamos disfraces, como hoxe en día se fai, aproveitabamos telas, a roupa da nosas nais e os rapaces vestianse de mulleres da vida e nosoutras de homes cada día de diferente maneira.
Unha vez nos xuntabamos todos faciamos o recorrido polo barrio e ibamos de casa en casa e en cada porta que ibamos chamando cada veciño nos daba algo, dulces, cartos, despois de facer o recorrido xuntabamos todo o que habíamo conseguido, comprabamos cousas e faciamos a festa entre nosoutros e tamen xuntándonos con xente de outros barrios.
Na miña casa facianse os típicos postres que moito me gustaba e que hoxe en día boto tanto de menos, facianse orellas, filloas, e a comida típica sobre todo o martes de carnaval era facer un bon cocido a base de butelo, lacón con grelos, chourizos, garbanzos…pena non poder volver atrás no tempo.
Na medida que ibamos crecendo a tradición es foise perdendo, e foi cando o tema consumista foi facendo incapé no carnaval empezando por facer bailes de disfraces nas salas de festas, discotecas, no Circulo das Artes onde se reunian a clase media alta da sociedade, aunque a miña familia pertenecía a ese circulo que acabo de nomear, eu nunca cheguei a ir xa que non me gustaban ese tipo de eventos tan pijos.
Teño unhos irmans a os que lle facía e fai moita ilusíón disfrazarse e salir a calle, e unha filla, entonces eu xa sendo mais vella eo iba sempre con eles disfrazada tamen e disfrutaba de velos de contentos que se poñian.
DOL
PD: Utiliza el Traductor de Google gallego- castellano!!!! http://translate.google.es/#











